Saturday 18 de May de 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia


O Concello da Pobra do Caramiñal no seu afán de realizar e colaborar en proxectos e programas que fomenten a inclusión socio-laboral das persoas e colectivos máis vulnerables vén de asinar no pasado mes de xuño, un convenio de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia para a realización dun programa de orientación laboral co obxectivo de acadar a plena integración social destas persoas e colectivos . Este programa vai dirixido especialmente ás persoas en risco de exclusión social , parados de larga duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas receptoras de RISGA, etc.
Os beneficiarios do programa serán derivados dende os Servizos Sociais do Concello, iniciándose unha colaboración , coordinación e organización que desexamos dea os seus froitos e podamos lograr a maior integración posible.
Dende os Servicios Sociais tamén se comezou a traballar conxuntamente coa asociación AMICOS no programa ” Inserta 2″, enmarcado na Convocatoria do Programa de Inclusión Social e Económica (POISES), ” Programa Más Empleo” de La Caixa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Bancaria La Caixa. Está dirixido a persoas desempregadas e con discapacidade . O obxectivo deste programa é ,entre outros , a motivación ,o incremento da confianza nos procesos de selección e a mellora da empregabilidade , realizando labores de orientación laboral personalizadas , actividades formativas , intermediación laboral e acompañamento para a adaptabilidade dos postos.
Estas dúas colaboracións teñen como finalidade acadar a plena integración laboral destas persoas.
O goberno da Pobra do Caramiñal implícase decididamente nos procesos de desenvolvemento sostible , así coma no apoio aos grupos sociais máis desfavorecidos, en colaboración coas entidades que desenvolven este tipo de accións e coas que compartimos a súa visión e a preocupación neste eido.